publicidade hoxe

A Xunta destina 640.000 euros a mellorar a atención dos usuarios do centro Juan María de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+

A conselleira de Política Social, Fabiola García, subliñou o apoio que realiza a Xunta de Galicia á entidade La Esperanza del Valle Miñor, que xestiona o centro Juan María de Nigrán, para mellorar a atención dos seus usuarios. O Goberno galego destina na actualidade 640.000 euros para financiar 70 prazas públicas dos servizos dos centros de día e ocupacional.

Fabiola García, que visitou esta mañá ambos equipamentos, destacou o compromiso da Administración autonómica para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Este obxectivo enmárcase no aumento progresivo do financiamento da entidade La Esperanza del Valle Miñor, que veu un incremento dun 45% das achegas da Xunta de Galicia con respecto a hai 10 anos.

Durante a visita, a conselleira de Política Social tamén participou nun dos obradoiros que realiza a entidade cos seus usuarios. Desta maneira, os participantes no taller de xornalismo tiveron a oportunidade de realizarlle unha pequena entrevista á conselleira, para mostrar as habilidades aprendidas.

Neste sentido, Fabiola García salientou a necesidade de seguir a avanzar na atención a persoas con discapacidade coa finalidade de axudalas a adquirir novos coñecementos, unha maior autonomía persoal e a facilitar a súa plena inclusión en todos os ámbitos da súa vida, especialmente no eido laboral.

Ademais, a conselleira fixo fincapé en que é necesario continuar a traballar na coordinación e cooperación entre administracións públicas, entidades sociais e empresas para conseguir que Galicia sexa unha comunidade onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades.

22 de xullo de 2019 | 14:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.