publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destaca as oportunidades que achega a economía social para o desenvolvemento persoal e profesional das mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe durante a súa participación no II Foro Medrando Xuntas as oportunidades que achega a economía social para o desenvolvemento persoal e profesional das mulleres, así como o papel que estas poden levar a cabo para volver máis competitivas as cooperativas e sociedades laborais.

O programa Medrando Xuntas, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten como obxectivo promocionar o talento feminino nas entidades de economía social e difundir as oportunidades que brindan ás mulleres para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Este ano, a iniciativa conta cun programa formativo para directivas e outro para traballadoras, ademais do foro que hoxe se celebra. Precisamente un dos obxectivos recollidos na Estratexia de Economía Social impulsada pola Xunta é alcanzar o 50% de mulleres promotoras nas novas cooperativas e sociedades laborais, e incrementar nun 10% a presenza feminina nos órganos de goberno.

Medrando Xuntas enmárcase tamén no programa Emprega en Feminino, que pretende impulsar o papel da muller no mercado laboral e o seu desenvolvemento profesional e empresarial. Segundo os indicadores de equidade laboral, as mulleres afiliadas en Galicia son case a metade do total (48%), e no último ano saíron do paro 7.909 mulleres. Ademais, un de cada tres directivos en Galicia son mulleres.

5 de xullo de 2019 | 12:54 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario