publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destaca a importancia dos obradoiros de emprego que facilitan o acceso ao mercado laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO GrovePortada dereita
A-
A+
Cores Tourís na entrega de diplomas

Cores Tourís na entrega de diplomas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís participou hoxe no Grove na clausura do Obradoiro de Emprego, A Lanzada, no que un total de 20 persoas recibiron formación no eido hostaleiro e gastronómico.

Cores Tourís destacou a aposta da Xunta para contar cunha Galicia máis preparada a través de programas que combinen unha formación dual, flexible e á carta cun contrato de traballo. Así, sinalou a necesidade de ofrecer unha formación continua que garanta un acceso máis favorable ao mercado laboral, lembrando que a maior formación, máis posibilidades existen de competir nun mercado que cada vez esixe unha preparación máis versátil e comprometida co cambio tecnolóxico.

O delegado territorial da Xunta, ademais, destacou o compromiso da Xunta pola formación poñendo en valor que neste obradoiro, a Xunta inviste preto de 289.000 euros. Os participantes recibiron formación e realizaron un traballo vinculado ás seguintes actividades: elaboración de almorzos saudables para nenos, persoas da terceira idade e persoas con problemas de saúde asociadas á alimentación; eventos realizados polo concello, xornadas temáticas, de portas abertas, gastronómicas e outras actividades; e preparación de pratos para o comedor social de Cáritas.

A Administración autonómica está a destinar preto de 65 millóns de euros para mellorar a cualificación de case 16.800 persoas desempregadas a través de 1100 cursos que se levarán a cabo entre 2019 e 2020. En canto aos obradoiros de emprego, entre 2019 e 2020 levaranse a cabo 80 programas mixtos de formación e emprego a través dos que 1500 desempregados recibirán formación e accederán a un posto de traballo.

22 de xullo de 2019 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.