publicidade hoxe

A Xunta destaca a importancia da colaboración cos concellos para executar actuacións en beneficio da cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron hoxe A Cañiza para coñecer de primeira man a humanización levada a cabo na rúa Regueiro grazas ás axudas da Vicepresidencia.

A través dun convenio asinado entre o goberno local e autonómico, procedeuse á substituír o asfalto desta rúa e a instalar un paso de peóns elevado. Deste xeito, non só se conseguiu un entorno máis harmónico, senón que se mellorou en seguridade para os veciños.

Os obxectivos das axudas que Vicepresidencia pon a disposición dos concellos buscan afondar na colaboración entre a administración autonómica e a local -a mellor coñecedora das necesidades e demandas da cidadanía- co obxectivo de poñer en marcha actuacións que repercutan beneficiosamente no día a día da poboación. Para esta finalidade, existen distintos instrumentos: convenios, o Fondo de Compensación Ambiental ou a orde de infraestruturas.

En virtude de todas estas ferramentas, a Xunta concedeu á Cañiza nos últimos anos case 1,4 millóns de euros en axudas, nos que se inclúen financiamento destinado á adquisición de vehículos, ampliación de instalación deportivas, reparación dos danos dos lumes ou melloras de saneamento. Este ano esta liña de colaboración vai continuar, xa que a Cañiza ten concedido case 110.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (sumando a liña competitiva e a non competitiva) para acometer melloras na piscina municipal.

23 de xullo de 2019 | 14:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.