publicidade hoxe

A Xunta adxudica os traballos de mellora do depósito de Moldes, en Ribeira, que abastece de auga aos concellos do Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRiveira
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar os traballos de mellora do depósito de Moldes, no concello de Ribeira, e que abastece de auga aos concellos do Barbanza.

Estes traballos foron adxudicados á empresa Espina y Delfín, S.L. e dispoñen dun orzamento de máis de 48.000 euros. As obras teñen un prazo de execución de 4 meses.

Trátase dunha intervención no depósito de cabeceira para o abastecemento de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, cuxa auga provén da ETAP do río Ulla, e que xestiona Augas de Galicia. Desde a estación de tratamento distribúese ata este depósito, que proporciona auga aos concellos de Barbanza.

As obras consisten na substitución de elementos desgastados das instalacións e a colocación dun equipo de dosificación de hipoclorito sódico, así como de un medidor de cloro en continuo alimentado por enerxía solar.

Nos traballos previstos se inclúe unha nova execución dunha caseta de reactivos e a reparación dos elementos deteriorados das instalación. Tamén se adaptarán as instalación de control existentes para o envío a distancia dos datos subministrados polo analizar de cloro en continuo.

Por outra banda, tamén se prevé a executar a valvulería, obra civil e elementos de interconexión entre o depósito de Moldes e os de Ribeira para regular o caudal de aportación aos mesmos e así evitar problemas de abastecemento.

Con esta actuación a Consellería de Infraestruturas, dentro das súas competencias, avanza na súa colaboración coas entidades locais para o desenvolvemento máis eficaz das atribucións municipais en subministro de auga e tratamento de augas residuais.

19 de xullo de 2019 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.