publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta adxudica dúas novas parcelas de solo empresarial con prezos bonificados nos parques de Carballo e Negreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal PortadaNegreiraPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de adxudicar un total de 3.647 metros cadrados de solo empresarial nos parques de Bértoa (Concello de Carballo) e Negreira con bonificacións sobre o prezo de venda por un importe de case 104.000 euros. Así o acordou esta mañá a comisión executiva de Xestur, empresa pública dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Concretamente, no polígono empresarial de Carballo adxudicouse unha parcela de 1.435 metros cadrados cunha bonificación sobre o prezo de venda de máis de 58.000 euros; mentres que no parque de Negreira adxudicáronse 2.212 metros cadrados cunha bonificación de preto de 46.000 euros. En ambos casos, as empresas adxudicatarias pertencen ao sector da construción.

Grazas aos incentivos para a venta de solo industrial que empezou a aplicar a Xunta no ano 2015, asignáronse xa en réxime de compravenda ou de dereito de superficie (unha modalidade que permite ás empresas acceder a unha parcela a cambio do pago dun canon anual moi baixo) máis de 2.000.000 de metros cadrados de solo nos parques promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e por Xestur. As bonificación aplicadas no prezo de venta neste período achéganse aos 48 millóns de euros, mentres que o valor das parcelas adxudicadas en dereito de superficie supera os 13,6 millóns de euros.

Deste xeito, a aposta da Xunta de Galicia nos últimos catro anos por incentivar a actividade das empresas pola vía do estímulo á adquisición de solo industrial traduciuse en preto de 62 millóns de euros.

O impacto económico das medidas aplicadas desde 2015 reflíctese nun investimento estimado a realizar por parte das adxudicatarias de solo bonificado ou en dereito de superficie de máis de 375 millóns de euros, grazas ao cal calcúlase que se posibilitará a creación de máis de 6.100 postos de traballo.

31 de xullo de 2019 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.