publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A travesía A Heróica converte aos Cañóns do Sil na maior piscina natural do mundo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugoOurensePortada esquerda
A-
A+
Presentación da proba deportiva

Presentación da proba deportiva

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, patrocina a travesía de natación A Heróica que o vindeiro sábado, 27 de xullo, prevé acoller a máis de 700 deportistas procedentes de diversos países e con paixón pola natación.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou na presentación desta proba que converte aos canóns do río Sil, na maior piscina natural do mundo, e ademais cunhas condicións de tranquilidade nas augas e temperatura ideal para este tipo de competicións.

Balseiro explicou que a Xunta apoia este evento non só porque é unha das probas deportivas de maior participación das que forman parte da Copa de España de Natación senón tamén pola visibilidade que ofrece a unha terra, a Ribeira Sacra, espectacular e que ademais aspira a converterse en Patrimonio da Humanidade.

O delegado fixo un paralelismo entre o esforzo que fan os produtores de viño que traballan nas terrazas escarpadas que constitúen o selo inconfundible da viticultura heroica da zona, co esforzo que fan os deportistas que participan nas distintas competicións que inclúen esta proba, desde as competicións de 600, 2500 e 500metros ata a proba reina de 10 quilómetros.

Finalmente Balseiro agradeceu a organización –o club de natación Portamiñá e á empresa CCNorte- o compromiso con esta iniciativa e aos concellos participantes e, en particular ao de Sober, como anfitrión, pola boa acollida que sempre dan aos deportistas e ás súas familias.

24 de xullo de 2019 | 14:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.