publicidade hoxe

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora do firme en varias estradas de titularidade autonómica nas comarcas da Coruña, Bergantiños e Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para executar actuacións de mellora do firme en varias estradas de titularidade autonómica nas comarcas da Coruña, Bergantiños e Ordes, por un investimento de preto de 1 millón de euros.

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten por obxecto a mellora das condicións de circulación nas estradas da Xunta AC-523, AC-524 e AC-408, ao seu paso polos Concellos de Culleredo, A Laracha, Cerceda, Ordes, Frades e Mesía.

Máis en concreto, o contrato contempla a rehabilitación do firme no tramo de case 16 quilómetros da AC-523, no seu percorrido polos concellos de Culleredo, A Laracha e Cerceda. Na estrada AC-524 estes traballos se executarán ao longo dos case 20 quilómetros desta vía ao seu paso polos municipios de Ordes, Frades e Mesía, e na AC-408 intervirase no tramo do Concello de Ordes, entre os puntos quilométricos, 0+000 e 2+580.

Estes traballos teñen como obxectivo rehabilitar a capa de rodadura naqueles treitos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento. As actuacións se complementarán cos traballos de reposición da sinalización horizontal e vertical e a colocación de captafaros reflectores nas marxes.

27 de xuño de 2019 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.