publicidade hoxe

Os docentes da Consellería do Medio Rural reciclan os seus coñecementos no ámbito da agroecoloxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural desenvolve estes días unhas xornadas de actualización de coñecementos en agroecoloxía para os seus docentes no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude. Este curso de tres días (comezou onte e remata mañá) forma parte do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego que desenvolverá a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) dedicado ao sector. Previamente, este mesmo departamento pretende actualizar os coñecementos de todo o seu persoal para así ofrecer un mellor servizo a gandeiros e agricultores.

Neste caso as xornadas, nas que participan unhas 35 persoas, están divididas en tres bloques: a produción vexetal ecolóxica, a gandaría ecolóxica e o marco normativo, no que se afondará no proceso de conversión a ecolóxico tanto a nivel administrativo como práctico. No que se refire á produción vexetal, os participantes aprenderon cuestións relacionadas co manexo do solo como a fertilización e compostaxe, a vexetación espontánea, a rotación de cultivos e os procedementos de control biolóxico. No ámbito gandeiro, as charlas estiveron relacionadas coa transición ao pastoreo e o manexo de gando, a produción de herba, a vixilancia e control do gando no monte, a reprodución…

Ademais houbo relatorios e mesas redondas nas que se coñeceron experiencias prácticas como as granxas de Lousada, de Irixoa, A Castrexa, de Cambre, e A Horta de Porta en Oleiros. En representación da produción gandeira en ecolóxico estivo a cooperativa Os Corraliños, de Muxía, ademais doutros gandeiros particulares en ecolóxico.

27 de xuño de 2019 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.