publicidade hoxe

O DOG publica o cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu do treito da vía provincial que coincide coa rúa Ramón Bares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuGaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu do treito do viario provincial EP-1310, e que coincide coa rúa municipal Rúa Ramón Bares.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://xurl.es/1nqlp
O concello pontevedrés solicitou á deputación provincial a transferencia deste treito urbano que coincide co núcleo rural, e que redundará no mellor mantemento da estrada así como un control mais directo sobre esta o que evitará posibles ocupacións indebidas no dominio público. A petición prodúcese tras rematar a colaboración do organismo provincial coa entidade local na execución das obras de reurbanización da entorna.

A Administración provincial de Pontevedra considerou axeitado o cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu, xa que, polo seu trazado, lonxitude e a súa funcionalidade actual, non reúne as características propias dunha estrada provincial. Deste xeito, o organismo provincial emite informe favorable á transferencia deste treito e solicita o cambio de titularidade á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A transferencia a prol do Concello de Bueu deste treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, é foi aprobado no Consello da Xunta o pasado día 23 de maio, a proposta do departamento de Infraestruturas da Xunta competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Bueu asume a competencia para actuar neste tramo e asume a responsabilidade da súa xestión, mantemento e conservación e poderá actuar de modo acorde coas súas características.

5 de xuño de 2019 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.