publicidade hoxe

O DOG publica a resolución da orde de axudas dirixidas a entidades locais para a promoción da igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Secretaría Xeral da Igualdade da orde de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción da Igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Nas bases reguladoras figuran o desenvolvemento dos seguintes programas: fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; apoio aos centros de información ás mulleres e a sensibilización; e información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

Serán 76 entidades locais (75 concellos e unha mancomunidade) as beneficiadas para a realización de campañas de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Para a posta en marcha de programas de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero serán 43 entidades locais (42 concellos e unha mancomunidade) as que conten coa axuda.

As concesións para o programa de apoio aos Centros de Información ás Mulleres chegarán a 81 entidades locais (74 concellos e sete mancomunidades que agrupan outros 38 concellos), e para as accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres contarán coa axuda 131 entidades locais (128 concellos e tres mancomunidades).

A concesión ten un importe total de 5.058.194,29€, cun primeiro pagamento do 75 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado. O 25% restante librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención.

20 de xuño de 2019 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.