publicidade hoxe

Lete Lasa destaca a Pontevedra e Galicia como “dous dos mellores organizadores de eventos de tríatlon” na presentación do Campionato ProTour

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato ProTour da Federación Española de Triatlón, un evento para o que se clasifican os 40 mellores triatletas masculinos e as 40 mellores triatletas femininas nacionais e que terá lugar na cidade do Lérez o 12 e o 13 de outubro do presente ano. No seu relatorio, o titular de Deportes destacou a Galicia e a Pontevedra como dous dos territorios que “mellor organizan os eventos deportivos de tríatlon” tan só un mes e medio despois de que Javier Gómez Noya e Pablo Dapena cruzaran a meta situada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva como campión e subcampión do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia, respectivamente.

O secretario xeral celebrou que a Federación Española de Triatlón decidira que os premios da categoría de homes, que acadan os 18.500 euros sexan exactamente iguais que os da categoría de mulleres e lembrou que “estas son as únicas competicións, as que apostan pola igualdade, que apoia a Xunta de Galicia”.

Nas súas verbas tamén se congratulou de que grazas ao acordo asinado o pasado mes de xaneiro no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid FITUR coa Asociación do Deporte Español ( ADESP) axudarannos a seguir traendo eventos coma este Campionato ProTour de Triatlón.

Este acordo asinado entre ambas as institucións ordena o fomento do deporte e o turismo deportivo en Galicia a través da Oficina de Desenvolvemento Internacional del Deporte Español, recollida baixo a marca ‘Spain Sports Global’ que ten como eixo principal de actuación a captación de eventos deportivos internacionais con gran capacidade de promoción deportiva e turística.

24 de xuño de 2019 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.