publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Convócanse os premios da Cultura Galega 2019

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Cultura e Turismo convoca hoxe unha nova edición dos Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto apoiar o labor creativo en Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos.

As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior e as institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada unha delas poden presentar as candidaturas durante os dous vindeiros meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento CT142A) e á mesma engadiráselle os méritos das candidaturas cunha xustificación descritiva.

O xurado que vai valorar as propostas estará presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo e contará con representación do Consello da Cultura Galega, das universidades do SUG, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, da Secretaría Xeral da Igualdade, da Dirección Xeral de Políticas Culturais e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura, designadas pola Consellería.

En cada unha das modalidades, os Premios da Cultura Galega concederán un único galardón e non poderá recaer máis dun recoñecemento na mesma persoa. O premio consiste nunha escultura ou peza conmemorativa realizada por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo. As bases completas poden consultarse no seguinte enlace.

Recoñecemento á excelencia creativa

Os Premios da Cultura Galega recoñecen a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia. Na edición de 2018, os galardoados foron o Festival Internacional Outono de Teatro-FIOT, en Artes Escénicas; Luz Darriba, en Artes Plásticas; Festival de Cans, en Audiovisual; Xosé María Álvarez Cáccamo, en Letras; Antón Santamarina, en Lingua; A Roda, en Música; O Sorriso de Daniel, en Patrimonio Cultural, e Ramón Villares, en Proxección Exterior.

27 de xuño de 2019 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.