publicidade hoxe

Comeza a veda da centola e do boi na provincia de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A veda da centola e do boi na zona comprendida entre o cabo de Estaca de Bares ata o río Eo, comezará mañá, 28 de xuño, e prolongarase ata o vindeiro 1 de decembro, día incluído.

Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2019-2020, que establece o período de veda para este ano na provincia de Lugo desde as 00,00 horas do sábado, día 28 de xuño, ata as 00,00 horas do domingo, 1 de decembro, ambas datas incluídas.

Nas provincias da Coruña e Pontevedra a veda comezou xa o pasado 22 de xuño e prolongarase ata o vindeiro 10 de novembro, día incluído. O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte na nosa comunidade. Así as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto.

A veda é unha das medidas que contribúe a aumentar a biomasa e a regular a pesqueira da centola e do boi co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.

27 de xuño de 2019 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.