publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ciencia, tecnoloxía, medio ambiente, inclusión e cultura na III Feira PITEAS que se celebra na Cidade da Cultura

Un total de 17 centros escolares de toda Galicia daranse cita mañá na Cidade da Cultura con motivo da celebración da III Feira PITEAS, o encontro anual no que as rapazas e rapaces, xunto cos seus profesores, expoñen os proxectos desenvolvidos ao longo do curso e que, principalmente, xiran en torno a temáticas como o coidado do medio ambiente, a ciencia, a tecnoloxía, a inclusión e a cultura.

Trátase de 8 centros da provincia da Coruña, 2 de Lugo, 2 de Ourense e 5 de Pontevedra, todos eles participantes neste programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas, impulsado pola Fundación Barrié co apoio da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Da provincia da Coruña participan o CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela), o CEIP Isaac Peral (Ferrol), o CEIP Plurilingüe Os Casais (Fene), o CEIP Plurilingüe Ponte de Xubia (Narón), o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño (Cabanas), o CPI de Atios (Valdoviño), o CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha (A Coruña) e o CPR Plurilingüe La Inmaculada La Salle (Santiago de Compostela).

Da provincia de Lugo participan o IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada). Por Ourense participan o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar) e o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras).

De Pontevedra participan o CEE de Panxón (Nigrán), o CEIP do Carballal (Marín), o CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis), o IES A Xunqueira II (Pontevedra), e o CPR Eduardo Pondal (Cangas).

Todos eles contarán cun stand propio onde o público xeral poderá coñecer os proxectos desenvolvidos en cada caso e, a maiores, haberá unha quenda de exposicións específicas que dará comezo as 16,30 horas (xúntase pdf co programa e breve descrición dos proxectos).

13 de xuño de 2019 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.