publicidade hoxe

A Xunta pon en valor a importancia da formación continua de xuíces e da modernización da administración de xustiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou esta mañá na Coruña na inauguración da 34 edición do Congreso da asociación Juezas y Jueces para la Democracia, en cuxa realización colaborou a Xunta.

Durante a súa intervención, o director xeral destacou a importancia da formación continua e especializada de xuíces e fiscais para adaptarse ás distintas reformas lexislativas e cambios sociais. Neste sentido, recordou que a Xunta vén colaborando desde hai máis de 20 anos co Consello Xeral do Poder Xudicial en ambos asuntos.

Para a formación de xuíces, o Goberno galego mantén un convenio desde os anos 90 co Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), grazas ao que se programan cada ano distintas accións formativas de acordo coa asociacións de xuíces e co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Tamén a través da Escola de verán do Poder Xudicial que, neste ano, arrancará o vindeiro 2 de xullo no Pazo de Mariñán.

O director xeral puxo tamén en valor o esforzo que está a realizar a Xunta, dentro das súas competencias como administración instrumental, para modernizar e mellorar a Administración de Xustiza.

Ao respecto, destacou avances importantes como o Plan de infraestruturas xudiciais, no que se levan investidos máis de 100 millóns de euros; o Plan de Renovación de Mobiliario e de instalación de armarios rodantes nos arquivos, que sumarán un investimento de 4,7 millóns de euros ata 2021; ou o Plan Senda 2020, cunha investimento de 50 millóns de euros desde 2009, que facilitou que Galicia xa teña en marcha todas as pezas necesarias para poñer en marcha o Expediente Xudicial Electrónico.

13 de xuño de 2019 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.