publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en catro estradas autonómicas na provincia de Ourense, cun investimento de 625.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurensePortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia hoxe as obras de mellora de firmes en catro estradas autonómicas na provincia de Ourense, cun investimento duns 625.000 euros.

As actuacións, que dispoñen dun prazo de execución de seis meses, serán acometidos pola empresa Extraco Construcións e Proxectos, S.A, que hoxe empeza os traballos pola estrada autonómica OU-320.

Trátase de actuacións de rehabilitación da capa de rodadura nas estradas OU-102, OU-103, OU-104 e OU-320, nos Concellos de Paderne de Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Taboadela e San Cibrao das Viñas.

Este proxecto ten por obxecto a rehabilitación do firme en puntos localizados mediante solucións baseadas no fresado e reposición ou extensión de aglomerados, segundo as necesidades de cada treito, mellora da drenaxe e reposición de sinais horizontais e de elementos de balizamento. Ademais nas estradas OU-103, OU-104 e OU-320 colocaranse captafaros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa estes traballos co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas.

5 de xuño de 2019 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.