publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Vao, ao seu paso pola parroquia de Coruxo, no concello de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Vao, ao seu paso pola parroquia de Coruxo, no Concello de Vigo.

Estes traballos de mantemento estanse a levar a cabo no treito interurbano deste río e se estenden nun tramo de 1 quilómetro de lonxitude, desde a estrada PO-325 ata a desembocadura na rúa Canido.

Estas tarefas súmanse ás iniciadas a pasada semana por Augas de Galicia nos treitos interurbanos dos regatos Chans e Ríal, nas parroquias de Bembrive e San André de Comesaña.

As obras céntranse nas rozas localizadas para o acceso aos puntos de traballo e a retirada de árbores caídas e apeo de secos con risco de caída. Unha vez finalizadas estas actuacións, ambos ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante este tipo de tarefas, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

20 de xuño de 2019 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.