publicidade hoxe

A Xunta avanza na promoción e dinamización turística conxunta co Norte de Portugal con vistas ao Xacobeo 21

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o novo presidente de Turismo de Oporto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martins, mantiveron un encontro esta semana para avanzar nas liñas de traballo dos diferentes proxectos europeos que comparten ambos territorios. Abordáronse, ademais, as diferentes liñas de traballo para actualizar o memorando de entendemento vixente que permita a promoción conxunta da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal con vistas ao Xacobeo 2021.

Na última convocatoria dos fondos europeos do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), concedéronselle a Galicia e Portugal tres proxectos que estarán vixentes ata o ano 2021. Trátase de Fazendo Camiño, a través do que a Xunta de Galicia facilitará a súa experiencia de xestión ao redor do Camiño de Santiago para consolidar as rutas xacobeas na Eurorrexión. Tamén se traballa no proxecto EDIT, para mellorar a xestión dos recursos turísticos a través das TIC ou en Miño Navegable, co que se pretende impulsar a navegabilidade do río, aumentar o seu atractivo turístico e favorecer o impulso socioeconómico de ambos territorios.

Ademais, e como se falou na reunión, Portugal e Galicia traballan desde hai anos ao abeiro do proxecto europeo Gerés-Xurés dinámico que busca a dinamización conxunta desta reserva da biosfera a través da sensibilización e capacitación da poboación local, entre outras iniciativas. Durante o encontro puxéronse as bases para continuar avanzando nas estreitas relacións entre ambos territorios, que tamén son socios noutras iniciativas europeas, como a primeira ruta atlántica de mergullo (WAOH! Route) ou Creative Loci Iabobi, para a divulgación do Camiño de Santiago a través da realidade aumentada.

20 de xuño de 2019 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.