publicidade hoxe

A Xunta adxudica os traballos de revisión e adaptación do proxecto de saneamento integral de Ribadetea ao novo plan director de Ponteareas, cun investimento de máis de 14.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonteareas
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar os traballos para a adaptación da programación de actuacións de saneamento en Ribadetea ao plan director de saneamento municipal e ás obras proxectadas e executadas nesa parroquia do Concello de Ponteareas.

Estes traballos foron adxudicados á empresa Serye Ingenieros, S.L. e dispoñen dun orzamento de máis de 14.000 euros.

O organismo hidráulico da Xunta impulsa este contrato no marco do comprometido co concello e os veciños deste municipio de revisión e actualización do proxecto de saneamento na parroquia de Ribadetea, cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros, que está supeditado a ampliación da EDAR.

Antecedentes
Neste ámbito de cooperación, o concello ten solicitado a Augas de Galicia a redacción e execución da actuación de saneamento na parroquia de Ribadetea, cun orzamento de máis de 3,5 millóns de euros. Este proxecto foi redactado por Augas de Galicia pero a súa execución quedou postergada pola negativa da Confederación Hidrográfica a autorizar as obras sen executar antes a ampliación da EDAR que carecía de capacidade suficiente para aceptar novas conexións.

Con este contrato se da resposta á solicitude realizada polo Concello e os veciños de Ribadetea de revisar e actualizar o citado proxecto para adaptalo á realidade actual da parroquia e ao novo Plan Director Municipal. Actuación que, en todo caso, estará supeditada á execución da 1ª fase da ampliación e mellora da Estación depuradora de augas residuais de Ponteareas, de competencia estatal.

Cómpre lembrar que Augas de Galicia, ademais desta actuación cuxa realización está supeditada á execución da obra da EDAR, leva investido nestes últimos anos preto de 5,1 millóns de euros en infraestruturas hidráulicas. Entre as obras realizadas pola Xunta, e xa rematadas, destacan a ETAP de Ponteareas, as distintas fases de saneamento nas parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo, os colectores de pluviais no barrio das Covas ou a senda fluvial pola marxe dereita do río Tea, nos concellos de Mondariz e Ponteareas.

Deste xeito, Augas de Galicia, dentro das súas competencias en apoio das entidades locais, segue avanzando na súa colaboración do concello pontevedrés para o desenvolvemento mais eficaz das atribucións dos propios municipios en materia de subministro de auga, sumidoiros, e tratamento de augas residuais.

25 de xuño de 2019 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.