publicidade hoxe

A Xunta adxudica as obras da rede de saneamento da vertente oeste do lugar de Chacín, no Concello de Riotorto, por importe superior aos 48.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRiotorto
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar as obras de execución dunha rede de colectores da vertente oeste no lugar de Chacín, no Concello de Riotorto, por un importe superior aos 48.000 euros.

Estas obras, xunto coas da zona leste executadas polo Concello en 2017 e financiadas tamén por Augas de Galicia, cun investimento duns 60.000 euros, completan o saneamento do lugar de Chacín.

Esta nova intervención de Augas de Galicia dispón dun prazo de execución de 2 meses e foron adxudicada á empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa S.L.

As obras permitirán a canalización das augas residuais procedentes das 10 vivendas desta entorna cara a un punto de vertido, situado na vertente suroeste, onde se situará a nova estación depuradora.

Toda a rede conectaranse co novo sistema de depuración composto por unha fosa -filtro compacta, para unha capacidade de 30 habitantes.

Esta intervención enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos que habitan o medio rural.

13 de xuño de 2019 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.