publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio en Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da sede provincial de Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal ocorrido no concello de Allariz coa identificación do presunto autor do mesmo.

Os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado 16 de xuño na parroquia de Queiroás, que afectou a 0,1 hectáreas de superficie rasa.

O lume orixinouse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais sen cumprir as medidas de seguridade. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Ourense.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 50 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntas autoras de incendios forestais.

20 de xuño de 2019 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.