publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Portos de Galicia coordina coa Confraría de Pescadores de Vilaxoán e o sector bateeiro o desenvolvemento das obras en execución no peirao

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e varios técnicos do ente público, veñen de manter unha reunión de traballo coa Confraría de Pescadores e o sector bateeiro de Vilaxoán para coordinar o desenvolvemento das obras que se atopan en execución neste peirao.

Durante a xuntanza de traballo, os responsables de Portos de Galicia expuxeron a necesidade de colaboración de todos os propietarios da frota que deberán desprazar temporalmente os seus barcos a outras instalacións para permitir o desenvolvemento das obras de construción dos novos pantaláns de bateeiros. Así mesmo, o ente público mostrou a súa máxima colaboración para facilitar estes desprazamentos nas mellores condicións para os profesionais do mar.

Finalmente trasladouse a información remitida pola empresa adxudicataria das obras relativa ás fases de traballo que se sucederán nos vindeiros meses e lembrouse ao sector que dende hai un mes teñen á súa disposición o servizo dunha nova gardapeiraos que traballará de xeito coordinado con eles para facilitar solucións ás incidencias que poidan xurdir durante o prazo de execución dos traballos.

3 de maio de 2019 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.