publicidade hoxe

O DOG publica a convocatoria de axudas para fomentar a explotación conxunta de instalacións e equipamentos polas cooperativas agrarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que regulan e convocan para 2019 as axudas para proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

Estas achegas van destinadas ás cooperativas, que disporán dun mes de prazo, a partir de mañá, para presentar as súas solicitudes. Este ano a Xunta destinará un total de cinco millóns de euros a estas subvencións, que teñen por obxectivo promover a racionalización do uso dos factores de produción mediante proxectos de carácter agropecuario de explotación conxunta polos socios de entidades asociativas. Procúrase así favorecer as iniciativas de carácter innovador ou de introdución de novas tecnoloxías.

Trátase tamén de fomentar a incorporación de novos procesos ou a obtención de novos produtos que contribúan a diversificar a actividade principal das entidades ou a introducir actuacións de apoio complementarias ao traballo dos socios. O fin último que se persegue é incrementar a rendibilidade económica das explotacións agrogandeiras galegas e a mellora das condicións do traballo.

O importe da axuda será do 40% dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 60% en función da aplicación de diferentes criterios, relacionados con operacións en agricultura ecolóxica, fusión de cooperativas, investimentos en zonas con limitacións naturais ou vinculadas á innovación. Nesta liña, establécese un investimento mínimo subvencionable de 100.000 euros. Estas axudas están cofinanciadas nun 7,5% pola Administración xeral do Estado, nun 17,5% pola Xunta de Galicia e nun 75% polo fondo europeo Feader.

20 de maio de 2019 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.