publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a 58 persoas por 46 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 58 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 3 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 5 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 58 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69 % e do 31 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33 % dos atendidos tiña entre os 45 e os 59 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 24
Lugo: 5
Ourense: 7
Pontevedra: 10
Total Galicia: 46

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 52 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

6 de maio de 2019 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.