publicidade hoxe

Miranda fixa coa nova directiva do Lar Gallego de Chile as liñas de colaboración en materia cultural para este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co responsable de actividades culturais do Lar Gallego de Chile, Fernando Moure Rojas, para fixar as liñas de colaboración nesta materia e que permitan á entidade exercer un papel fundamental de difusión de Galicia no país andino. O responsable do departamento autonómico e Moure, que integra a nova directiva da entidade, analizaron propostas de actuación relacionadas con diversos aspectos da cultura galega como a literatura e o audiovisual, entre outros, que se levarán a cabo en estreita colaboración coa Administración galega.

Así mesmo, o representante do Lar Gallego de Chile trasladou o compromiso da entidade galega de Santiago de Chile, cuxa sede se atopa nas instalacións do Centro Español, de traballar na promoción no Xacobeo 2021, un dos eventos con raíz galega máis importantes a nivel mundial dos vindeiros anos. O secretario xeral da Emigración, pola súa banda, transmitiulle a súa intención de visitar neste ano o Lar Gallego é á comunidade galega da capital chilena.

Máis de medio século de vida

O Lar Gallego de Chile, que conta con máis de medio século de vida, é unha das entidades galegas máis activas do país suramericano. Está integrado por arredor de 225 socios, dos que 185 son de orixe galega, o que a o convirte nun referente de Galicia na capital andina.

En Chile residen na actualidade 4.300 galegos, dos que só 689, é dicir, o 16%, foron nados na comunidade, mentres o resto naceron xa nos seu país de destino, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) a data 1 de xaneiro de 2019. Do total, 955 son orixinarios da provincia da Coruña, 374 da de Lugo, 374 da de Ourense e 1.830 da de Pontevedra.

15 de maio de 2019 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.