publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lete Lasa chama a unión das forzas das distintas institucións e entidades para manter un nivel de condición física saudable da cidadanía galega

Lete Lasa na inauguración do curso

Lete Lasa na inauguración do curso

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inaugurou na mañá de hoxe o curso da Fundación Deporte Galego ‘Cara un concello activo e saudable’ dirixido a 25 técnicos municipais de Galicia e no que intervirán profesionais como o director-xerente da Fundación, Iván Clavel; o doutor en Educación Física, Rafael Martín Acero; os profesores da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física, Eliseo Iglesias e Manuel A. Giráldez; e o pedagogo e educador social, Carlos Manuel Varela. Lete Lasa asegurou que “nestas xornadas daranse as pautas para cumprir o obxectivo de manter un nivel de condición física saudable no ámbito administrativo máis importante e máis próximo ao cidadán: o concello”.

Na súa intervención, o mandatario galego fitou cara a importancia de mudar “catro sinxelas accións en hábitos para previr nun 75% as enfermidades cardiovasculares e cerebrovasculares e nun 40% os casos de cancro”. Esas accións dixo, son “catro factores de risco que comprometen a nosa saúde: o sedentarismo, a inadecuada alimentación, o alcoholismo e o tabaquismo”.

Neste sentido destacou o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable e a importancia de contar cunha “gran rede de institucións, entidades e persoas que poñan en común o seu traballo á fronte do deporte de Galicia para que a nosa comunidade siga a ser un referente”. “Se xuntamos as nosas forzas, o noso traballo conxunto será moito máis efectivo e acadaremos un mellor fomento da actividade física e da saúde”, engadiu.

7 de maio de 2019 | 17:10 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario