publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ildefonso de la Campa destaca os beneficios da atención temperá para previr problemas de desenvolvemento na primeira infancia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaMondoñedoPortada esquerda
A-
A+
Intervención de Ildefonso de la Campa

Intervención de Ildefonso de la Campa

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou a importancia que teñen as unidades de atención temperá para previr e corrixir trastornos de desenvolvemento en nenas e nenos de 0 a 6 anos. Fíxoo na apertura das I Xornadas de Detección e Atención Temperá que hoxe e mañá se celebran en Mondoñedo e á que asistiu acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Neste encontro abórdanse aspectos como os déficits de atención e a hiperactividade, o trastorno do espectro autista ou os problemas de psicomotricidade e de relación na primeira infancia, entre outros. Durante a súa intervención, Ildefonso de la Campa puxo en valor a atención temperá como ferramenta para que as nenas e nenos que recorren a estes servizos teñan a máxima autonomía e gocen dunha mellor calidade de vida cando se fagan maiores.

Neste sentido, insistiu en que canto antes se traballe cos menores, antes se pode evitar que os problemas perduren no tempo e teñan unha volta atrás máis difícil. Tamén destacou o feito de que sexan os concellos os que xestionen de forma compartida estas unidades, posto que deste xeito quedan configuradas como un servizo de proximidade e evítase ás familias usuarias desprazamentos longos. De feito, Mondoñedo comparte, desde o ano pasado, unidade de atención temperá con Barreiros, Lourenzá, A Pastoriza, Riotorto e Trabada.

3 de maio de 2019 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.