publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Galicia promóvese como destino para a organización de congresos na feira IMEX de Fráncfort

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, promove esta semana a oferta do sector da organización de congresos e reunións de empresa na feira especializada IMEX, que se desenvolve na cidade alemá de Fráncfort.

Trátase dunha das feiras de congresos máis senlleiras do mundo no ámbito do turismo de reunións e Galicia está presente cun espazo de promoción. Este ano, ademais de Turismo de Galicia, asisten as entidades Santiago de Compostela Convention Bureau, Turismo da Coruña e Abramar DMC, que comparten espazo coa entidade dependente da Xunta.

Dentro das actividades que se desenvolven neste certame destacan as xuntanzas de traballo cos principais operadores turísticos europeos relacionados co turismo de reunións. Amais, Turismo de Galicia conta cun expositor para presentar a información da oferta turística da Comunidade, relacionada tanto cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira e participa en distintos actos de promoción do turismo de congresos organizados pola Oficina de Turismo de España en Fráncfort.

Turismo de reunións

No eido da promoción dos congresos, viaxes de incentivo e convencións, Turismo de Galicia ten previsto participar este ano nos acontecementos máis destacados que se celebrarán en Europa e que están relacionados cos principais mercados internacionais. Así, ademais de IMEX, a Xunta asistirá a varias reunións de traballo específicas así como na feira EIBTM World que se celebrará durante o último trimestre do ano en Barcelona.

22 de maio de 2019 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.