publicidade hoxe

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a segunda comunidade que paga antes as súas facturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas’, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda con datos referentes ao mes de marzo, mostra que Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a segunda comunidade autónoma que paga con máis axilidade as súas facturas, xa que acadou un período medio de pago de 15,8 días, o segundo máis baixo de toda España, por detrás de Andalucía.

Os datos oficiais da Administración do Estado indican que o período medio de pago de Galicia mantívose 14,2 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Ademais, a media autonómica situouse en 33,1 días, 17,3 máis que a media rexistrada na Comunidade galega.

En canto á débeda comercial, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia como a comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de marzo no 0,06%, a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,32%. Ao peche do mes de marzo, a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.012 millóns de euros, dos que 42 millóns –o 1,05% do total- corresponden a Galicia.

O Ministerio de Facenda emprega desde abril de 2018 unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores, que se aplica a todas as administracións.

22 de maio de 2019 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.