publicidade hoxe

Galicia é a comunidade autónoma que máis aposta pola enfermería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe no Parlamento que Galicia é a comunidade autónoma que máis apostou pola categoría de enfermería. Na actualidade o Sergas conta cunha ratio de profesionais por número de habitantes superior á media do Sistema Nacional de Saúde. Así, mentres que a media nacional é de 3,6 profesionais de enfermería por 1.000 habitantes a nosa comunidade conta con 4 profesionais de enfermería para o mesmo número de habitantes. Por citar tan só un par de exemplos, en Andalucía a ratio é de 2,77 e na Comunidade Valencia de 3,23 profesionais por cada 1.000 habitantes.

Almuiña defendeu no Parlamento o esforzo que está a realizar o seu departamento no relativo ao emprego público. Galicia é a única comunidade que mantivo as convocatorias anuais de ofertas públicas de emprego, esgotando a taxa máxima de reposición ata chegar ao 108%, o que permitirá que entre 2017 e 2020 arredor de 5.000 persoas accedan a unha praza estable dentro do Servizo Galego de Saúde.

No caso concreto de enfermería, o titular de Sanidade afirmou que o Sergas conta cunha plantilla media de 8.900 profesionais de enfermería, o 88% dos cales teñen un posto estable. O restante persoal eventual é necesario para reforzar as plantillas en momentos de maior carga asistencial ou cubrir as ausencias do persoal estable

Almuiña lembrou que entre 2013 e 2019 ofertáronse nas opes 1.337 prazas de enfermería. Concretamente nos exames da oferta pública de emprego que se celebran este vindeiro domingo, ofértanse 830 prazas nesta categoría. Tamén quixo mencionar o conselleiro que no pasado mes de marzo aprobouse unha nova oferta, que recolle 302 prazas de enfermería, 10 para enfermería de familia e comunitaria, 27 para obstétrico- xinecolóxica e 10 en enfermería pediátrica. Galicia foi a primeira comunidade que creou a categoría de enfermería especializada

A isto hai que engadir, dixo o conselleiro, un incremento doutras 130 prazas de enfermería no período 2019-2020 pactadas a pasada semana en mesa sectorial, para cumprir co compromiso acadado no ámbito da atención primaria e os 24 postos de enfermería que incorporará o novo modelo asistencial e transporte sanitario urxente terrestre do 061.

8 de maio de 2019 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.