publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Carmen Pomar participa nos actos do Día Internacional da Luz, que a Unesco celebra en Santiago este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Carmen Pomar no acto desta mañá

Carmen Pomar no acto desta mañá

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asistiu esta mañá aos actos do Día Internacional da Luz en Santiago, a cidade designada polo Comité Español como sede do acto central a nivel de todo o Estado para a celebración deste evento que cada 16 de maio conmemora a primeira emisión de luz láser realizada en 1960 por Theodore Maiman cun láser de rubí.

A conselleira Carmen Pomar salientou que a luz “marca non só a arquitectura de lugares Patrimonio da Humanidade, como Santiago ou París, senón que xoga un papel crucial en campos tan diversos como a medicina, as comunicacións, a produción de enerxía, a agricultura, a bioloxía ou a astronomía”. Pomar asegurou que o seu departamento “comparte” os obxectivos primordiais desta efeméride e “conscientes de que a revolución tecnolóxica transforma a nosa forma de vivir e traballar”, traballa para a posta en marcha iniciativas concretas para atraer o talento do alumnado cara materias STEM (Matemáticas, Ciencia, Tecnoloxía e Enxeñaría), concluíu.

O Día Internacional da Luz -promovido polo Programa Internacional de Ciencia Básica (IBSP) da Unesco, e que se celebrou por primeira vez o ano pasado en París- busca divulgar entre a cidadanía a repercusión da ciencia e as tecnoloxías da luz no día a día tanto no eido científico como noutros ámbitos como poden ser a arte, a cultura e o desenvolvemento sostible.

15 de maio de 2019 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.