publicidade hoxe

Aberto o plazo de solicitude das axudas para a certificación da marca Q de Calidade no sector turístico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria das axudas que a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, dirixe ao sector turístico galego para a certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Como detalla a resolución, poden concorrer establecementos de turismo rural e hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Considéranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes ao ano 2019 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019. Inclúense, entre outros, os custos de auditoría externa facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE e tamén os derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2019, unha vez conseguida a certificación, o seguimento e/ou a renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

Prazo ata o 13 de xuño

As bases completas da convocatoria, para a que estará aberto o prazo ata o 13 de xuño, pódense consultar no Diario Oficial de Galicia e a presentación de solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

O distintivo Q de Calidade Turística é a marca que xestiona o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para certificar os sistemas de calidade orientados ás empresas turísticas. Segundo os datos desta entidade, en 2018 obtiveron este recoñecemento un total de 282 empresas turísticas galegas.

13 de maio de 2019 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.