publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta finaliza os traballos de reposición de alumeado público no enlace de saída da autovía do Salnés ao concello de Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraSanxenxo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar os traballos de reposición de alumeado público no enlace da autovía do Salnés (AG-41), na saída á localidade de Sanxenxo.

Os traballos, que comezaran no mes de marzo, contaron cun orzamento autonómico de case 14.000 euros.

A intervención consistiu na extensión de 250 metros de cable para alimentación eléctrica e a reposición de 70 lámpadas led nas luminarias existentes, o que permitirá volver poñer en servizo o alumeado neste enlace da AG-41 co núcleo de Sanxenxo.

Esta actuación resolve as carencias de iluminación que había neste punto, xa que o alumeado público non funcionaba ao non dispor do cableado axeitado e a maioría das lámpadas non eran eficientes enerxeticamente.

Estas obras realizáronse de xeito coordinado co Concello de Sanxenxo, que agora asume o mantemento e a conservación desta infraestrutura, unha vez rematados os traballos.

7 de maio de 2019 | 17:06 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario