publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Umia ao seu paso por Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisCuntisLocal PortadaMorañaPontevedraPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Umia aos seu paso polos concello de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo no treito interurbano deste río, no perímetro do encoro da Baxe.

As obras centraranse na xestión da biomasa dentro da zona, e comprende traballos de roza nas beiras dos camiños perimetrais e mantemento de zonas de plantación.

O Goberno galego desenvolve estas accións no marco do programa de conservación, mantemento e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

7 de maio de 2019 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.