publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destaca a aposta pola industria 4.0 das pemes galegas para fortalecer a súa competitividade e internacionalización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+
O director do Igape na visita a Industrial Recense

O director do Igape na visita a Industrial Recense

O director do Igape, Juan Cividanes, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron esta mañá a empresa Industrial Recense na Pontenova, onde puxeron de manifesto o compromiso da Xunta no apoio á incorporación dos investimentos 4.0 e á innovación tecnolóxica nas pemes galegas para impulsar o seu crecemento e internacionalización.

Cividanes indicou que o compromiso desta empresa do sector da construción coa modernización dos procesos produtivos explica a mellora na súa competitividade. Industrial Recense ten participado nos últimos anos no programa Proxectos 4.0 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten como obxectivo poñer en marcha iniciativas que permiten avanzar na implantación da fábrica intelixente nos sectores estratéxicos de Galicia.

Pola súa banda, a directora de Gain destacou que a empresa participa no programa Innova Peme, unha liña de axudas posta en marcha para mellorar a capacidade innovadora daquelas pequenas e medianas empresas que non son beneficiarias habituais de axudas de I+D+i. O programa concede axudas do 50% para desenvolver un plan de innovación para que melloren e fagan máis eficaces os seus procesos produtivos.

Nos últimos anos, Industrial Recense avanzou no deseño de novos produtos e ensaios de homologación de produtos para marcado CE, na mellora dos seus procesos a través da automatización e monitorización de liñas produtivas ou na sistematización da innovación, a través dun plan e dun departamento de I+D+i.

Cividanes tamén quixo resaltar que o éxito desta peme galega, que emprega a preto de 50 persoas e facturou o pasado ano case 9 millóns de euros, está baseado na continua busca da aplicación das tecnoloxías 4.0 para optimizar os procesos produtivos, como a robótica, a sensórica, a automatización e o análise de Big Data. De xeito paralelo, a empresa lucense aposta pola internacionalización e, así, o 15,9% da facturación de 2018 de Industrial Recense foi resultado das súas vendas ao exterior.

15 de maio de 2019 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.