publicidade hoxe

A Xunta colabora cos concellos ourensáns declarados municipios turísticos e cos xeodestinos para dotar de persoal ás súas oficinas de turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Consellería de Cultura e Turismo vén de resolver as subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para para a contratación de persoal nas oficinas de turismo. Estas achegas ascenden a 59.949 euros e, segundo a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, “favorecerán a potenciar a imaxe turística dos municipios ourensáns, que ano tras ano atraen a un maior número de visitantes ao medio rural da nosa provincia”.

Díaz Mouteira subliñou que por tratarse dunha liña de concorrencia non competitiva, beneficiáronse tódolos concellos e xeodestinos que a solicitaron en tempo e forma. Así, a delegada territorial detallou os beneficiarios na provincia de Ourense desta liña de subvencións destacando que “estas contratacións realizaranse nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, por tratarse dos meses de maior afluencia de viaxeiros”.

Os concellos beneficiarios destas achegas, cunha contía media 5.100 euros, foron os de Allariz, O Carballiño, Celanova, Leiro, Nogueira de Ramuín, Parada do Sil, A Pobra de Trives, Ribadavia e A Veiga. Tamén recibiron esta axuda o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a Mancomunidade de municipios da comarca de Verín e a Mancomunidade Turística dos concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro. En total, a provincia de Ourense recibiu ao abeiro desta Orde case 60.000 euros.

22 de maio de 2019 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.