publicidade hoxe

A Xunta aproba o proxecto da 2ª fase de mellora da estrada de Seixido, na Lama, cun investimento de 1,5 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaLocal PortadaPontevedraPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de aprobar o proxecto da 2ª fase de mellora da estrada de Seixido (PO-235), no Concello da Lama, que contará cun investimento de 1,5 millóns de euros.

Esta nova fase permitirá aumentar a reforma desta vía autonómica ao longo duns seis quilómetros, completando o ensanche da estrada dende o punto quilométrico 11+870 ata o 18.

Este proxecto contempla a ampliación da plataforma da estrada, que pasará dos 5 metros actuais aos 6,5 metros e ademais rectificaranse varias curvas, entre outros traballos.

Cómpre lembrar que a Xunta xa executou unha primeira fase de acondicionamento desta estrada mediante a achega dun orzamento de 450.000 euros. Así, actuouse ao longo de case un quilómetro co fin de ampliar a estrada ata acadar un ancho de oito metros, rectificando as curvas e mellorando a seguridade viaria e a comodidade na circulación.

Tamén se acondicionou a estrada desde a saída do pontón do punto quilométrico 17+300 ata o final da vía, no núcleo de Seixido. Neste punto ampliouse a sección transversal e estendeuse unha nova capa de rodadura. Tamén se repuxo a rede de saneamento en Seixido, así como a sinalización horizontal e vertical.

O Goberno galego, a través destas actuacións, continúa a traballar para mellorar e conservar a rede viaria autonómica, ofrecendo unhas estradas cómodas e seguras aos usuarios e fomentando o desenvolvemento económico e social dos concellos.

22 de maio de 2019 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.