publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta aposta pola RSE para contar con empresas máis comprometidas e que gañen en competitividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Covadonga Toca na xornada Corresponsables

Covadonga Toca na xornada Corresponsables

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe na Coruña na xornada Corresponsables na que se avaliou a situación actual das empresas ante os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e os retos de futuro da Axenda 2030.

Neste sentido, a secretaria xeral asegurou que Galicia está integrando estes elementos nas súas accións e destacou a aposta pola RSE co obxectivo de contar con empresas máis comprometidas co seu contorno, que gañen en competitividade e que dispoñan de mellores condicións laborais para os seus traballadores.

De feito, este mesmo ano aprobouse a Estratexia Galega da RSE con 30 medidas ata 2021 centrada nas empresas, na administración e na sociedade. Preténdese incrementar o seu nivel de coñecemento e tamén de integración no tecido produtivo, á vez que se aumentan os plans de igualdade e a oferta de contratos públicos con cláusulas sociais.

Covadonga Toca asegurou que un dos retos do Goberno é conseguir que Administración e tecido produtivo traballen da man para contar cunha Galicia que sexa un espazo de oportunidades para o desenvolvemento social, ambiental e económico responsable baseado na colaboración dos axentes públicos e privados.

22 de maio de 2019 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.