publicidade hoxe

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para executar unha glorieta no acceso á igrexa de Xuño, en Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPorto do Son
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar a redacción do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada AC-550 para a execución dunha glorieta á altura da intersección no acceso á igrexa de Xuño, no Concello de Porto do Son.

A definición desta actuación, que se adxudicou á consultora Serye Ingenieros S.L., contan cun investimento autonómico de preto de 11.000 euros e ten un prazo de execución de 3 meses.

O departamento de Infraestruturas da Xunta proxecta a execución desta glorieta no punto quilométrico 98+340 da vía autonómica. Trátase de acadar o calmado do tráfico e así mellorar a seguridade viaria neste punto mediante a redución da velocidade de circulación e a optimización dos movementos do tráfico rodado.

Os traballos topográficos comezarán mañá no lugar denominado O Cruceiro,que se corresponde coa zona de acceso á igrexa de Xuño, para facer as medicións necesarias sobre o terreo e redactar o proxecto construtivo. Para o dimensionamento das obras terase en conta os condicionantes locais, así como a normativa de aplicación no deseño de glorieta.

Na redacción do proxecto incluirase o estudo do detalle da reposición de camiños, vías pecuarias, accesos, servidumes e servizos que resulten afectados, incluíndo no estudo as actuacións que se estimen necesarias para a súa correcta reposición.

Unha vez definido o proxecto, este será supervisado polos servizos da Área de Planificación e Proxectos da Axencia Galega de Infraestruturas e, posteriormente, será sometido información pública, de ser necesario.

7 de maio de 2019 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.