publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama á cidadanía galega a doar ante a ponte desta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a toda a cidadanía galega a doar sangue nas xornadas desta ponte da fin de semana con motivo do día das letras galegas. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns dos tipos A Positivo e Cero Positivo, xa que, no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos.

Os períodos vacacionais e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Neste sentido, lembrar que, todos os días do ano, precisamos entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir a axeitada de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais.

Como colaborar

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Ademais de poder doar nos locais fixos das grandes cidades, na tarde de hoxe xoves as unidades móbiles de ADOS estarán en Cedeira, Sada, Curtis, Boiro, Portosín (Porto do Son), Padrón, Porriño, Vilalba e Xinzo de Limia. O día 18 estarán en Sada, Boiro, Padrón, Porriño e Vilalba.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón de páxinas nas principais redes sociais (Facebook e Twitter), unha páxina web: ados.sergas.gal e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.

16 de maio de 2019 | 15:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.