publicidade hoxe

Galicia recibe aos membros do Consejo de Patrimonio Histórico que se reúnen ata o venres no Mosteiro de Santo Estevo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibas de Sil
A-
A+

Os membros do Consejo de Patrimonio Histórico que se reunirán ata o venres 5 de abril no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil iniciaron, hoxe a súa xuntanza en Galicia cunha visita á Catedral de Santiago. Os integrantes foron recibidos pola directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, e polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, en representación da Xunta de Galicia que exerce de anfitrioa.

Un dos asuntos que se abordarán ao longo destas xornadas é a proposta da candidatura da Ribeira Sacra para entrar na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco.

A apertura da xuntanza do Consejo de Patrimonio Histórico, á que asistirá o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, celebrarase mañá, xoves, e estará presidida polo director general de Bellas Artes del Ministerio de Cultura y Deporte, Román Fernández-Baca. A continuación celebrarase unha reunión privada na que participarán todos os membros do Consejo de Patrimonio Histórico e na que a representación da Xunta de Galicia exporá a candidatura da Ribeira Sacra.

Consejo de Patrimonio Histórico

Este órgano entre a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español e nel están representados todos os directores xerais con competencias en materia do patrimonio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte.

3 de abril de 2019 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.