publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Fabiola García salienta que o pioneiro Centro Interxeracional é unha referencia para toda España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada dereita
A-
A+
Fabiola García na visita ao Centro Interxreacional

Fabiola García na visita ao Centro Interxreacional

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou que o pioneiro Centro Interxeracional de Ourense é unha referencia para toda España. Fíxoo esta maña nunha visita ás instalacións deste centro, onde asistiu a unha actividade na que participaron as pequenas e pequenos da escola infantil e as persoas maiores usuarias do centro de día, ambos servizos que a Xunta ofrece neste equipamento.

Fabiola García subliñou que o Centro Interxeracional de Ourense se puxo en marcha gracias ao traballo conxunto da Xunta de Galicia, a Fundación Amancio Ortega e o Concello de Ourense. Ao respecto, incidiu que esta colaboración debe servir de exemplo xa que é necesario a implicación tanto de entidades como administracións públicas para garantir uns recursos de calidade, así como alternativas de conciliación para as familias.

Neste sentido, a conselleira explicou que esta infraestrutura é un espazo de encontro entre pequenos e maiores, no cal poderán compartir saberes e valores. Así mesmo, recordou que ademais da aprendizaxe de ambos usuarios, é un recurso que pode presumir dunha atención de calidade e adecuada a cada franxa de idade.

Por último, Fabiola García reafirmou o compromiso do Executivo autonómico tanto no coidado das persoas maiores, como no dos galegos do día de mañá. Un compromiso que se plasma no Centro Interxeracional de Ourense, que alberga un centro de día que ofrece inicialmente 40 prazas, das cales 21 xa está ocupadas, e unha escola infantil con capacidade para 82 cativas e cativos, e na que xa están matriculados 71.

3 de abril de 2019 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.