publicidade hoxe

Comezan as obras de estabilización dun noiro na estrada AC-433, á altura da parroquia de Nande, no concello de Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia as obras para mellorar a estabilidade dun noiro na estrada AC-433, Recesindes-Laxe, á altura da parroquia de Nande, no Concello de Laxe.

Esta intervención dispón dun orzamento de máis de 48.000 euros e estímase un prazo de execución dun mes. Os traballos foron adxudicadas á empresa Construcciones Leonardo Miguélez, S.L.

O intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta consiste na reparación e reforzo da estabilidade do noiro existente na marxe dereita desta estrada autonómica, no punto quilométrico 7+100, onde se produciron desprendementos tras varios episodios de choivas intensas o pasado mes de novembro.

A actuación que se inicia hoxe consiste na execución dun muro de escollera ao pé do noiro, duns 5,5 m de altura, e a reparación ampliase máis alá da zona afectada, nunha lonxitude aproximada de 70 metros. Os traballos inclúen a retirada da bionda e posterior colocación.

24 de abril de 2019 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.