publicidade hoxe

As pemes galegas poden solicitar ata o 8 de abril axudas para desenvolver os seus plans de innovación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, participou esta mañá na clausura da xornada informativa sobre o programa Innova Peme, que persegue que as pemes e microempresas se posicionen mellor no mercado, a través do desenvolvemento de produtos e servizos innovadores ou da mellora dos seus procesos.

Na súa intervención, Argerey destacou que a innovación, a diferenciación de produto, o deseño, as tecnoloxías dixitais ou a internacionalización son os ingredientes básicos e necesarios hoxe para que unha empresa teña éxito. No entanto, sinalou que dentro do tecido empresarial, son as pequenas empresas as que máis apoio precisan para innovar.

O Innova Peme apoia a pemes e microempresas para mellorar a súa capacidade innovadora, e está cofinanciada polo Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro luns 8 de abril.

A directora de Gain animou ás empresas asistentes a que presenten bos proxectos á convocatoria e a que colaboren na difusión de experiencias para sensibilizar ao resto do tecido empresarial sobre o carácter estratéxico da innovación para a economía galega. De feito, no marco do encontro expuxeron a súa experiencia neste programa dúas empresas participantes na primeira edición: Galifresh e Linknovate.

3 de abril de 2019 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.