publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arranca a formación para que o sector turístico galego se acredite para traballar na futura ruta atlántica de mergullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Persoal de turismo de administracións locais e xeodestinos así como profesionais de empresas especializadas en actividades de mergullo, kaiak, paseos en barco, avistamento de cetáceos e empresas comercializadoras reciben desde hoxe e ata o xoves formación específica para impulsar o ecoturismo costeiro-mariñeiro. Amais, formaranse para traballar como operadores e guías da Ruta WAOH!, o pioneiro itinerario de turismo de mergullo xurdido ao abeiro dun proxecto europeo no que Galicia participa xunto a Portugal, Reino Unido e Irlanda.

A directora de Turismo, Nava Castro, visitou hoxe aos participantes da primeira das sesións, que se están a celebrar no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), organizadas pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia. Nelas, os profesionais reciben as claves das oportunidades que o ecoturismo brinda a Galicia e do papel que esta ruta europea poderá ter para impulsar a sustentabilidade e responsabilidade turística en Galicia como destino.

A partir de mañá as xornadas centraranse no sector privado, incluíndo información sobre a Ruta WAOH!, obradoiros para habilitarse como guías WAOH! así como sesións prácticas con visitas á zona costeira de Galicia.

Financiamento europeo

Con estas actividades formativas, a Ruta WAOH! avanza así no seu deseño, despois de ter mantido diferentes reunións informativas co sector público e privado galego e identificar áreas nas que traballar como a Mariña lucense, a Costa da Morte e a Ría de Arousa.

O itinerario conta co apoio financeiro do Fondo Europeo e Marítimo para a Pesca (FEMP) da Unión Europea e nace para fortalecer Europa como un destino sustentable que permite conectar lugares de mergullo de primeiro nivel establecendo sinerxías con outras actividades náuticas como paseos en kaiak, avistamento de cetáceos e paseos en barco.

8 de abril de 2019 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.