publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta ultima o acondicionamento da estrada Serrapio-Vichocuntín, en Cerdedo-Cotobade, coa extensión da capa de rodadura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobadeLocal PortadaPontevedraPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a ultimar o acondicionamento da estrada Serrapio- Vichocuntín (PO-230), no Concello de Cerdedo- Cotobade, coa extensión mañá da capa de rodadura, para o que será preciso pechar o tráfico durante o día.

A Xunta, coa execución destas actuacións, está a piques de finalizar este proxecto, quedando pendentes os traballos relativos ao pintado.

Cómpre lembrar que esta intervención se centrou na ampliación da calzada ata acadar un ancho de 7 metros e a rectificación de varias curvas para mellorar o trazado da estrada.

Tamén se actuou na drenaxe da plataforma, prevendo o tendido e revestimento das gabias de seguridade.

Ademais, o proxecto contemplou a construción de muros de contención nos puntos necesarios e a renovación da sinalización horizontal, vertical e de balizamento.

Os usuarios da estrada disporán da correspondente sinalización para indicarlles os itinerarios alternativos que poden empregar para facilitarlles a súa mobilidade.

15 de abril de 2019 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.