publicidade hoxe

A Xunta pon á disposición das persoas maiores máis de 1000 prazas para estancias en balnearios e talasos da comunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia oferta 1062 prazas en 16 balnearios e talasos da comunidade ás galegas e galegos de máis idade dentro das novas edicións dos programas de Benestar en Balnearios e Benestar a través da Talasoterapia. O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, presentou hoxe nas instalacións do Balneario de Mondariz estas dúas iniciativas que teñen como finalidade que as persoas maiores desfruten do seu tempo de lecer en espazos que lles proporcionen unha maior calidade de vida.

No caso do programa de Benestar en Balnearios as quendas son de 10 días, con 9 noites cada unha, e desenvolveranse entre os meses de maio e outubro. As estancias nos talasos serán de 6 días e 5 noites cada unha, e terán lugar de maio a novembro. A Xunta financia un terzo do custe das prazas e as persoas interesadas teñen ata o vindeiro día 2 de maio para presentar as súas solicitudes.

De la Campa sinalou estes dous programas responden a catro obxectivos, xa que contribúen a mellorar a calidade de vida dos maiores, ao fomento de actitudes positivas cara o coidado da saúde e a promoción da autonomía persoal, a favorecer as relacións sociais e apostan por un sector de actividade no que Galicia é punteira.

En concreto, a Xunta pon á disposición dos maiores de 65 anos ou de 55 que sexan pensionistas 362 prazas no Hotel Talaso Louro da Illa da Toxa e no Thalasso Cantábrico de Viveiro e outras 700 prazas nos seguintes balnearios: Baños Vellos de Carballo, Hotel Balneario Augas Santas (Ferreira de Pantón), Balneario do Río Pambre (Palas de Rei), Termas de Lugo, Balneario de Acuña (Caldas de Reis), Os Baños da Brea (Vila de Cruces), Balneario de Caldelas (Tui), Termas de Cuntis-Hotel Castro, Balneario de Mondariz, Balneario de Molgas (Baños de Molgas), Gran Balneario do Carballiño-Residencia de Tempo Libre do Carballiño, Caldaria Termal de Laias (Cenlle), Lobios-Hotel Lusitano e Caldaria Termal de Arnoia.

8 de abril de 2019 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.