publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de construción dunha senda peonil na estrada PO-402, para conectar os núcleos de Fiolledo e As Chans, en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSalvaterra de Miño
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará este martes as obras de construción dunha senda peonil na estrada PO-402, para conectar os núcleos de Fiolledo e As Chans, no Concello de Salvaterra de Miño.

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas de e Mobilidade supón un investimento superior aos 48.000 euros e a empresa adxudicataria, Construcciones Vale S.L, dispón dun prazo de execución de 2 meses, desde o inicio da mesma.

Tratase dunha intervención que ten por obxectivo a mellora das condicións de seguridade vial neste tramo da estrada autonómica que comunica Oleiros e Vilasobroso, na parroquia de Fiolledo.

Os traballos prevén a execución dun itinerario peonil pola marxe esquerda desta estrada de 240 metros de lonxitude e case 2 metros de ancho, entre os puntos quilométricos 1+330m conexión coa beirarrúa de Fiolledo e o p.q. 1+570 (inicio da senda executada en 2017) ata o p-q 2+265, á altura de As Chans.

Nestas obras inclúese a canalización para a recollida das augas de drenaxe, e preinstalación para alumeado público e telecomunicacións, así como como a correspondente sinalización.

24 de abril de 2019 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.