publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta imparte un curso básico de protección civil a 26 voluntarios de Chantada e O Saviñao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocal PortadaO Saviñao
A-
A+

A Xunta de Galicia imparte a partir de hoxe e ata do domingo día 14 un curso básico de protección civil para voluntarios das agrupacións de Chantada e O Saviñao, dirixido ao persoal de recente ingreso que necesita adquirir este tipo de coñecementos e habilidades teóricas e prácticas.

O curso terá lugar no Telecentro de Chantada, conta con 26 inscritos e ofrece contidos sobre materias como a loita contra os incendios, comunicacións, actuacións básicas ante emerxencias médica, e accidentes e autoprotección. Suma 32 horas lectivas, 10 delas de práctica.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que voluntarios destas agrupacións realizaron o pasado día 30 de marzo un curso sobre o manexo dos desfibriladores externos e para o mes de maio hai convocado outro específico sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.

As accións formativas están organizadas pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A programación deste primeiro semestre do ano na provincia de Lugo inclúe sete cursos que suman 140 prazas e realízanse nos concellos citados máis os de Mondoñedo e Ribeira de Piquín. Pode consultarse toda a información na web da AGASP.

10 de abril de 2019 | 16:10 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario